Monday 29 de April de 2024

Primeira toma de contacto coas ondas do Portiño dos participantes na Coruña Big Waves


Adestramento celebrado esta mañá no Portiño coa presenza de varios participantes da Coruña Big Waves deste sábado. Tratouse dunha primeira toma de contacto co mar, que a partir de mañá entrará en alerta laranxa. Entre os presentes, ademais da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, estiveron Eric Rebiere, impulsor desta competición, e o coruñés Juan Fernández, actual campión de España de ondas grandes, que tentará revalidar o seu título este sábado. O evento será retransmitido por Teledeporte desde as 12.00 horas deste sábado.